Nova campaña advirte sobre o risco de certos medicamentos á hora da condución

PONLE FRENO,  a primeira das grandes iniciativas de Responsabilidade Corporativa impulsada por Atresmedia pola Seguranza Vial, vén de lanzar unha nova campaña para a concienciación da poboación xeral sobre o uso de certos medicamentos e as súas posibles repercusións á hora de coller o coche.

Infografía_medicamentos

 

 

 

A campaña, capitaneada por un spot publicitario no cal se fai referencia a ditos síntomas secundarios, ten como obxectivo pór de manifesto que non todos os fármacos son inocuos á hora de ter que manexar vehículos e que estes síntomas poden perxudicar ás capacidades dos condutores nas estradas.

Desde Atresmedia (en colaboración coa Fundación AXA) manteñen que ata o 5% dos accidentes en estradas e vías do territorio español son debidos a estes síntomas secundarios á toma de fármacos; síntomas que, na maior parte das veces, son descoñecidos polos propios condutores.

PONLE FRENO elaborou, deste xeito, unha listaxe na cal se inclúen fármacos como ansiolíticos e antidepresivos, antipsicóticos, antiepilépticos, así coma outros cuxos efectos secundarios costuman pasar máis desapercibidos (anticatarrais, antigripais e antihistamínicos). Moitos destes medicamentos poden provocar síntomas negativos á hora da condución, tales como somnolencia ou mesmo alteracións da capacidade visual.

Medicamentos y conducción -nome outorgado á campaña- pretende salientar a importancia dunha icona referente aos efectos secundarios destes fár58macos e que aparaece nas embalaxes dos mesmos.

Ademais de reparar no pictograma das embalaxes, a equipa de Atresmedia insta aos condutores a leren os prospectos dos medicamentos para comprobaren que a toma deles non supón ningún risco para a condución.

 

 

Fonte: PONLE FRENO – Compromiso Atresmedia