“Mayor de Bosende” de Pedro Nieto, gañador en Frades

A pafoto_cparceasco2017sada fin de semana, 11 e 12 de marzo, tiña lugar no Tecor da Sociedade de Cazadores de Frades – A Coruña, o Campionato de Cans de Parada da Federación Galega de Caza en A Coruña.

Destacar a participación de 23 cans na xornada do sábado e 23 na do domingo, mostra do interese que esperta este campionato puntuable para o Campionato de España e con C.A.C.T.

Dúas intensas xornadas na que as razas Británicas acadaron as seguintes calificacións, sendo o setter inglés macho de nome “Mayor de Bosende” propiedade de Pedro Nieto González o que obtiña unha cualificación de 1º MB.

O setter inglés macho “Jay Uno do Estrume” propiedade de Iván López López obtivo unha cualificación de 2º MB. Cun 3º MB remataba en terceira posición o pointer macho “Brio” de Fernando Manso López.